Por fin, a miña cidade natal, á que sempre retorno antes
ou despois, vai ser o escenario da estrea oficial de
TORREIROS.
Quedaron xa atrás as presentación en Calella (Cataluña),
Ribeira, Noia e A Coruña. Outras moitas virán despois, algunhas xa confirmadas.
Mais por fin poderei ver Torreiros
diante da miña xente, d@s amig@s, veciñ@s e familiares.
A data para o evento será o día 2 de Outubro,
martes, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Será ademais o inicio dunha
semana torreira, na que poderemos disfrutar dunha exposición de
fotografías de Pepe Brey, director de fotografía do documental. As pezas
foron realizadas durante a gravación do mesmo en diferentes faros da costa
galega, as suas ópticas, edificacións, @s fareir@s... Dunha beleza enorme,
adornarán a entrada ao auditorio do CGAC durante a semana do 2 ao 7 de
outubro.
E haberá máis sorpresas!! así que non deixedes de estar
atentos a este blog, ao facebook, ou mellor aínda, pasade polo CGAC a
informarvos...