Por fin, a miña cidade natal, á que sempre retorno antes
ou despois, vai ser o escenario da estrea oficial de
TORREIROS.
Quedaron xa atrás as presentación en Calella (Cataluña),
Ribeira, Noia e A Coruña. Outras moitas virán despois, algunhas xa confirmadas.
Mais por fin poderei ver Torreiros
diante da miña xente, d@s amig@s, veciñ@s e familiares.
A data para o evento será o día 2 de Outubro,
martes, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Será ademais o inicio dunha
semana torreira, na que poderemos disfrutar dunha exposición de
fotografías de Pepe Brey, director de fotografía do documental. As pezas
foron realizadas durante a gravación do mesmo en diferentes faros da costa
galega, as suas ópticas, edificacións, @s fareir@s... Dunha beleza enorme,
adornarán a entrada ao auditorio do CGAC durante a semana do 2 ao 7 de
outubro.
E haberá máis sorpresas!! así que non deixedes de estar
atentos a este blog, ao facebook, ou mellor aínda, pasade polo CGAC a
informarvos...
Boas noites
ResponderEliminarEstarei a principios de novembro por Coruña
Algún lugar onde poida visitar a exposición?
Grazas
Fun a ver isto
http://www.lanzanos.com/proyectos/torreiros/
e só o teaser así o chamades? emocionoume.
Se me permitides lévome un enlace ao meu espazo, para intentar axudar.
Grazas de novo.
Moi Boas "nosht"
ResponderEliminarEstamos argallando algo en Coruña, máis ainda non é oficial. Cando teñamos info. publicarémola aquí.
Con respecto o link, ese é o de lanzanos, de cando o proxecto estivo en crowdfunding para a financiación. Agora xa está rematado e rtemos web propia:
www.torreiros.com
Moitas grazas
Gracias por la información y me alegro que terminarais el proyecto.
EliminarOs encargo uno, o intento comprarlo en Coruña ¿seria posible?
Gracias de nuevo
Podes encargalo por mail, na web tes a info.
EliminarSaúdos