miércoles, 2 de octubre de 2013

Torreiros no Cineseptiembre films Fest 2013

De novo polas Américas!!! TORREIROS ven de ser seleccionada para conformar a Selección Oficial de CINESEPTIEMBRE 2013, Sexta Mostra Internacional de Cine Independente que se levará a cabo entre o 16 e o 22 de Setembro do ano en curso, en Mazatlán, Sinaloa, México.

Foto

domingo, 30 de junio de 2013

Torreiros no DocAnt 2013, Buenos Aires.

Torreiros cruza o charco... Do 2 o 5 de xullo participaremos na 23 Muestra de Cine Antropológico y Social DocAnt 2013, Buenos Aires.
A mostra está organizada polo Instituto Nacional de Antropología y Pensamiento Latinoamericano 3 de febrero 1378.


miércoles, 20 de febrero de 2013

Torreiros seleccionado en el festival ESPIELLO XI

Torreiros seleccionado para participar en la Sección Concurso de ESPIELLO XI, FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAL ETNOGRÁFICO DE SOBRARBE a celebrar entre los días 19 y 27 de abril de 2013 en Boltaña (Huesca) España-Spain.


 



lunes, 4 de febrero de 2013

TORREIROS no Festival de Cine de Castilla la Mancha

TORREIROS seleccionado na categoría de mellor documental internacional no IV Festival de Cine de Castilla la Mancha!!!!
O festival terá lugar en Ciudad Real, entre os días 15 e 22 de febreiro.




http://www.fecicamfilmfestival.com/seccion.html_14_seleccionados

jueves, 25 de octubre de 2012

Club Náutico de Portosín. 24 de Novembro

Volven as proxeccións de Torreiros!!! o vindeiro 24 de Novembro, as 18:00h, estaremos no Club Náutico de Portosín compartindo Torreiros con toda axente da vila. Vémonos alí...



E non deixedes de mirar o blog e/ou facebook, porque haberá máis novas proxemamente!!!


lunes, 8 de octubre de 2012

Presentación en Santaigo de Compostela, CGAC

Fotos do acto de presentación no Centro Galego de Arte Contemporánea, o 2 de outubro de 2012.
O acto estivo acompañado da exposición de fotografías de Pepe Brey, dir. de foto do documental, que permaneceu ata o día 10.
O documental tamén se proxectou os días 5 e 6 de outubro en sendos pases.
Moitas grazas a tod@s @s asistentes!!


martes, 11 de septiembre de 2012

...e por fin: SANTIAGO DE COMPOSTELA, CGAC

Por fin, a miña cidade natal, á que sempre retorno antes ou despois, vai ser o escenario da estrea oficial de TORREIROS.
Quedaron xa atrás as presentación en Calella (Cataluña), Ribeira, Noia e A Coruña. Outras moitas virán despois, algunhas xa confirmadas. Mais por fin poderei ver Torreiros diante da miña xente, d@s amig@s, veciñ@s e familiares.


A data para o evento será o día 2 de Outubro, martes, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Será ademais o inicio dunha semana torreira, na que poderemos disfrutar dunha exposición de fotografías de Pepe Brey, director de fotografía do documental. As pezas foron realizadas durante a gravación do mesmo en diferentes faros da costa galega, as suas ópticas, edificacións, @s fareir@s... Dunha beleza enorme, adornarán a entrada ao auditorio do CGAC durante a semana do 2 ao 7 de outubro.


E haberá máis sorpresas!! así que non deixedes de estar atentos a este blog, ao facebook, ou mellor aínda, pasade polo CGAC a informarvos...


viernes, 7 de septiembre de 2012

Presentación de Torreiros no Forum Metropolitano (A Coruña)

Novo cheo na presentación de Torreiros en Coruña, no Forum Metropolitano!!! Entre o público había varios fareiros da zona de Coruña que mostraron a súa satisfacción polo documental. Xa mereceu a pena... grazas a tod@s @s asistentes!!!