martes, 11 de septiembre de 2012

...e por fin: SANTIAGO DE COMPOSTELA, CGAC

Por fin, a miña cidade natal, á que sempre retorno antes ou despois, vai ser o escenario da estrea oficial de TORREIROS.
Quedaron xa atrás as presentación en Calella (Cataluña), Ribeira, Noia e A Coruña. Outras moitas virán despois, algunhas xa confirmadas. Mais por fin poderei ver Torreiros diante da miña xente, d@s amig@s, veciñ@s e familiares.


A data para o evento será o día 2 de Outubro, martes, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Será ademais o inicio dunha semana torreira, na que poderemos disfrutar dunha exposición de fotografías de Pepe Brey, director de fotografía do documental. As pezas foron realizadas durante a gravación do mesmo en diferentes faros da costa galega, as suas ópticas, edificacións, @s fareir@s... Dunha beleza enorme, adornarán a entrada ao auditorio do CGAC durante a semana do 2 ao 7 de outubro.


E haberá máis sorpresas!! así que non deixedes de estar atentos a este blog, ao facebook, ou mellor aínda, pasade polo CGAC a informarvos...


viernes, 7 de septiembre de 2012

Presentación de Torreiros no Forum Metropolitano (A Coruña)

Novo cheo na presentación de Torreiros en Coruña, no Forum Metropolitano!!! Entre o público había varios fareiros da zona de Coruña que mostraron a súa satisfacción polo documental. Xa mereceu a pena... grazas a tod@s @s asistentes!!!