martes, 11 de septiembre de 2012

...e por fin: SANTIAGO DE COMPOSTELA, CGAC

Por fin, a miña cidade natal, á que sempre retorno antes ou despois, vai ser o escenario da estrea oficial de TORREIROS.
Quedaron xa atrás as presentación en Calella (Cataluña), Ribeira, Noia e A Coruña. Outras moitas virán despois, algunhas xa confirmadas. Mais por fin poderei ver Torreiros diante da miña xente, d@s amig@s, veciñ@s e familiares.


A data para o evento será o día 2 de Outubro, martes, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Será ademais o inicio dunha semana torreira, na que poderemos disfrutar dunha exposición de fotografías de Pepe Brey, director de fotografía do documental. As pezas foron realizadas durante a gravación do mesmo en diferentes faros da costa galega, as suas ópticas, edificacións, @s fareir@s... Dunha beleza enorme, adornarán a entrada ao auditorio do CGAC durante a semana do 2 ao 7 de outubro.


E haberá máis sorpresas!! así que non deixedes de estar atentos a este blog, ao facebook, ou mellor aínda, pasade polo CGAC a informarvos...


4 comentarios:

  1. Boas noites
    Estarei a principios de novembro por Coruña
    Algún lugar onde poida visitar a exposición?
    Grazas

    Fun a ver isto
    http://www.lanzanos.com/proyectos/torreiros/
    e só o teaser así o chamades? emocionoume.
    Se me permitides lévome un enlace ao meu espazo, para intentar axudar.
    Grazas de novo.

    ResponderEliminar
  2. Moi Boas "nosht"

    Estamos argallando algo en Coruña, máis ainda non é oficial. Cando teñamos info. publicarémola aquí.
    Con respecto o link, ese é o de lanzanos, de cando o proxecto estivo en crowdfunding para a financiación. Agora xa está rematado e rtemos web propia:

    www.torreiros.com

    Moitas grazas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias por la información y me alegro que terminarais el proyecto.
      Os encargo uno, o intento comprarlo en Coruña ¿seria posible?
      Gracias de nuevo

      Eliminar
    2. Podes encargalo por mail, na web tes a info.

      Saúdos

      Eliminar